• 2020-10-23 10:00:12
    Cultura y ocio

    Están sendo tempos difíciles para todos e todas, pero os nenos e nenas de Cerdido non podían pasar sen celebrar o Samaín, unha tradición xa arraigada no noso territorio. Por este motivo, dende o Concello de Cerdido, coa colaboración da Deputación da Coruña e do CEIP de A Barqueira, ten programadas varias actividades. O venres 30 de outubro “La Guagua” pasará polo cole cunha adaptación do espectáculo “Cantabaila” co que o alumnado poderá pasar un bo rato e cumprir coas medidas de seguridade impostas polo COVID. O luns 2 de novembro será “Chuches Amil” o encargado de achegar a música ao alumnado co espectáculo “Mostros, con ou sen consentimento”. Esperamos que todos os rapaces e rapazas do centro desfruten das actividades programadas para celebrar este Samaín, diferente polas circunstancias, pero organizadas con máis profesionalidade, se cabe, e cun maior esforzo por parte de tódalas partes implicadas (artistas, centro educativo e concello) para cumprir con todas as medidas de prevención que establecen os protocolos.




    Adjuntos: