• 2020-11-04 09:02:51
    Info General

    Dende a Oficina Agraria Comarcal de Cedeira infórmannos dunha axuda excepcional da Consellería de Medio Rural dirixida aos sectores de flor cortada e planta ornamental e para o sector de vacún de carne. O prazo para solicitar estas axudas remata o 30 de novembro de 2020 e se estás interesado podes recibir máis información falando co técnico da oficina agraria, no teléfono 881930095, ou consultar as bases no DOG nº 218 do xoves 29 de outubro de 2020. Esperamos que esta información sexa do seu interese.




    Adjuntos: