• 2020-11-06 12:47:19
    Info General

    O Concello de Cerdido publicou o venres 6 de novembro no Boletín Oficial da Provincia (BOP) as bases e a convocatoria de axudas a empresas e autónomos para paliar os danos sufridos polo efecto da pandemia do COVID-19. As axudas van dirixidas a persoas traballadoras autónomas con ou sen traballadores a seu cargo e pequenas empresas calquera que sexa a súa forma xurídica. As persoas interesadas poderán solicitar as axudas dende mañá sábado ata as 14:00 horas do 25 de novembro a través do espacio habilitado na sede electrónica do Concello de Cerdido. O alcalde do concello, Benigno Galego, explica “que se trata dun programa de axudas dotado cun orzamento de 60.000 €, co-financiado pola Deputación da Coruña con 14.000 € e coa que tratamos de axudar ao sector empresarial de Cerdido afectado pola crise do COVID-19 e que durante este período tiveron que cesar na súa actividade, que se viran na obriga de acollerse a un ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Empleo) ou viron diminuída a súa facturación polo menos nun 75 % en relación co promedio efectuado no semestre natural anterior a declaración do estado de alarma”. A contía das axudas vai dende os 1.500 € ata os 3.000 € dependendo do número de traballadores e co obxectivo de ofrecer liquidez aos afectados e afectadas. As bases da convocatoria poden consultarse no BOP nº 188 do 6 de novembro de 2020.