• 2020-11-11 18:38:01
    Info General

    O Concello de Cerdido informa:
    A Campaña do Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama para as mulleres de Cerdido realizarase do 1 ao 3 de decembro de 2020 no Hospital Naval de Ferrol.
    As mulleres que poden participar atopanse no grupo de idades de entre 50-69 anos.
    Todas recibirán nas próximas datas unha carta de citación.
    En caso de non recibila ou precisar calquera outra información poden chamar ao ☎ 981-14.14.14.
    A propia carta servirá para o desprazamento ata Ferrol , deben levala consigo xunto co carné de identidade.