• 2020-11-17 10:57:33
    Info General

    A Unidade Móbil 4 de inspección técnica de VEHÍCULOS AGRICOLAS comunicounos un cambio nas datas nas que se desprazarán a Cerdido. A ITV móbil estará instalada no campo da feira da Barqueira os días 11 e 14 de decembro en lugar do 15 como estaba previsto. Poderá solicitarse cita previa no teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.
    Dende a empresa Supervisión y Control indícannos que o cambio se debe a motivos de re-axuste polo atraso nas inspeccións este ano e que non vai repercutir nas citas solicitadas con anterioridade xa que o día 15 estaba pendente de confirmación e non se deu ningunha cita para ese día. A partir de agora as persoas que solicitedes cita xa podedes solicitala para o día 11 pola mañá ou o 14 en horario de mañá ou tarde segundo haxa dispoñibilidade.




    Adjuntos: