• 2020-11-18 09:45:05
    Cultura y ocio

    O día 20 de novembro celebrase o Día do Neno, unha celebración anual adicada a fraternidade e a comprensión da infancia no mundo, na que se levan a cabo diferentes actividades para a promoción do benestar e dos dereitos dos rapaces. Este ano, polas medidas preventivas contra a pandemia algunhas das actividades que se viñan realizando teñen que ser suprimidas ou adaptadas, pero o Concello de Cerdido non quere deixar de celebrar esta data tan importante para os nosos rapaces e ratificar o noso compromiso con eles e co seu benestar.
    Adaptados as circunstancias actuais e tratando de paliar un pouco os efectos que esta a producir o COVID na vida social e cultural dos rapaces, o concello, coa colaboración da Deputación da Coruña, programará unha actuación de maxia para o venres 20 de novembro no CEIP de A Barqueira. Esperamos que os nenos poidan desfrutar do seu día e da actuación do Mago Dani Polo co seu espectáculo Galego: Maxia.
    A celebración do Día Universal do Neno conmemora a aprobación por Nacións Unidas da Convención sobre os Dereitos do Neno. Unha convención que estipula os dereitos humanos básicos que deben desfrutar os nenos en todas partes, sen discriminación algunha: o dereito a supervivencia, ao desenvolvemento pleno, a protección contra as influencias perigosas, contra o maltrato e a explotación e a plena participación na vida familiar, cultural e social. Que non se nos esqueza nunca!




    Adjuntos: