• 2020-11-24 13:44:36
    Info General

    En Negro contra as violencias, é unha acción colectiva de sensibilización social contra as violencias machistas que xorde en 2015 e foi crecendo e involucrando ano tras ano a un maior número de concellos, institucións e sectores, chegando a expandirse de forma viral mesmo fóra de Galicia con máis de 500 entidades involucradas. Ademais, miles de establecementos apoiaron durante estes anos a acción cubrindo de negro os seus escaparates e lugares de traballo, polo que dende o concello, invitamos a tódolos establecementos e negocios do concello a unirse a campaña cubrindo de negro os seus lugares de traballo. Neste ano, no que a emerxencia sanitaria pola pandemia obrigou ao confinamento domiciliar, lonxe de mellorar a vida de moitas mulleres fíxose, se cabe, máis difícil.
    Desde o seu inicio buscouse implicar ao tecido económico, asociativo, educativo, deportivo, social e cultural, así como a toda a cidadanía, nunha resposta colectiva de rexeitamento ás violencias de xénero e aos asasinatos machistas, apostando tamén por identificar, transmitir e incidir nos comportamentos e expresións verbais que están detrás das violencias de xénero.
    Este ano, o Concello de Cerdido entregará máscaras de neopreno co logo da campaña entre o persoal do concello, os nenos e nenas do CEIP da Barqueira e os negocios e establecementos municipais. Tamén repartiremos entre os veciños e veciñas que pasen polo concello nesta xornada ou así nolo soliciten, ata esgotar as existencias. Deste xeito, queremos dar visibilidade a nosa total intolerancia a unha lacra que non cesa e que só podemos parar entre todos e todas. Unha mostra máis da nosa repulsa absoluta contra calquera tipo de violencia, sexa física, psicolóxica e/ou emocional e que pode estar presente en calquera entorno xa sexa escolar, laboral, familiar ou calquera outro. Cerdido en negro contra as violencias!




    Adjuntos: