• 2020-12-14 14:12:33
    Info General

    Dende o Concello de Cerdido informamos a toda a veciñanza que nos vindeiros días se fará unha limpeza e desinfección dos colectores de lixo por todo o termo municipal. Os traballos durarán varias semanas e realizaranse pola noite para causar as menores molestias posibles aos veciños e veciñas e non entorpecer a circulación durante o día. De calquera xeito, pedimos desculpas polas molestias que a realización destes traballos de limpeza e desinfección poidan ocasionar.




    Adjuntos: