• 2020-12-15 11:54:25
    Info General

    Nas últimas semanas estanse facendo traballos de reparación de pistas forestais en todo o termo municipal. Dende o concello pedimos a tódalas empresas, autónomos e propietarios que realicen traballos forestais nestes días de tantas chuvias, que o fagan coa máxima precaución e coidado xa que o o terreo está delicado por mor da choiva e a maquinaria pesada produce moitos estragos nas pistas.
    Entendemos que o sector forestal é moi importante para o noso concello e que é necesario seguir traballando, aínda nestes días de adversidade climatolóxica, polo que facemos un chamamento a responsabilidade de todos para que non se estraguen os traballos de mantemento realizados e as pistas sufran o menor deterioro posible.




    Adjuntos: