• 2020-12-21 09:36:36
    Cultura y ocio

    O venres pasado os nenos e nenas do CEIP da Barqueira puideron desfrutar de diferentes actividades culturais. Os máis pequechos cun contacontos adaptado a súa idade e os maiores nun simulacro dun concurso televisivo sobre a lingua galega no que demostraron ser grandes coñecedores do noso idioma. Agora están a piques de comezar as vacacións de nadal polo que mañá martes, recibirán a esperada visita dos Reis Magos para escoitar os seus desexos de nadal para o vindeiro ano 2021. Os nenos e nenas tamén teñen preparada algunha sorpresa para as súas maxestades e vanlles adicar unha cantiga de nadal para agradecer a súa visita ao centro. Melchor, Gaspar e Baltasar aproveitarán o seu paso por Cerdido para visitar aos máis pequerrechos do concello, na Casa Niño “Aloumiños”, e, por suposto, a ambos centros acudirán con máscaras de protección e cumprindo con todas as medidas de seguridade ante o Covid-19. Felices festas a todos e todas!!




    Adjuntos: