• 2021-01-07 12:36:32
    Info General

    Dende o Concello de Cerdido queremos seguir colaborando para que esteades protexidos. Por este motivo, e dado que moitas persoas quedaron sen máscaras de protección da campaña Cerdido en Negro, temos dispoñible un novo lote de máscaras de neopreno co logo do concello para repartir entre os veciños e veciñas. Estas máscaras cumpren cos requisitos de protección esixidos pola normativa e manteñen as súas propiedades preventivas durante 25 lavados. Se o desexas só tes que pasar polo concello e solicitárnola ou, se tes problemas de mobilidade ou dificultade de acudir as oficinas municipais, podes reservala por teléfono. Queremos recordarvos que o uso de máscaras segue sendo obrigatorio e é moi necesario extremar as precaucións ao máximo na medida do posible. Protexéndonos cada un de nós, protexémonos todos.




    Adjuntos: