• 2021-02-02 10:39:31
    Info General


    Bo día.


    Acabamos de recibir
    o aviso dunha veciña para alertarnos de que andan persoas amigas do
    alleo entrando para roubar. Polo momento temos coñecemento de que
    entraron nunha bodega no lugar de Travesas e levaron diferentes
    obxectos e materiais polo que vos pedimos que estremedes as
    precaucións e esteades pendentes se vedes xente estraña preto das
    vosas casas. Como noutras ocasións, agradecémosvos que difundades
    esta información aos veciños e veciñas que non teñen acceso as
    redes sociais para que sexan coñecedores desta situación e tomen as
    medidas necesarias. Desexamos, entre todos, poder difundir esta
    información entre toda a poboación. Grazas pola vosa colaboración.