• 2021-02-04 13:52:29
    Info General


    • A Oficina Agraria Comarcal de Ferrol ten previsto realizar un curso
      de formación dirixido principalmente a xoves e profesionais do
      sector agrario dos concellos de Cerdido, Valdoviño, San Sadurniño
      ou Moeche. A acción formativa de “Operador de transformación e
      comercialización de produtos hortofrutícolas e do mel”
      realizarase previsiblemente dende os meses de maio-xuño ata
      outubro-novembro. No documento que acompaña esta información pode
      consultarse o programa do curso. As persoas interesadas deberán
      cubrir unha pre-solicitude nalgún dos concellos adscritos antes do
      19 de febreiro de 2021.




    Adjuntos: