• 2021-03-02 10:55:07
    Cultura y ocio


    Dende o Concello de Cerdido traemos boas novas!

    Trala mellora da situación epidemiolóxica no noso concello podemos retomar a programación cultural paralizada por mor da pandemia. O vindeiro venres 5 de marzo o grupo de teatro Ghazafelhos volverá ao CEIP da Barqueira para realizar dúas representacións teatrais. A primeira delas, organizada polo concello, irá dirixida aos nenos e nenas dos cursos de infantil. Ao longo da mañá, a mesma compañía representará unha segunda obra, organizada polo Concello de Cerdido en coa colaboración da Deputación da Coruña e dirixida, neste caso, ao alumnado de primaria. Con estas representacións dende o concello pretendemos achegar ao alumnado do centro a nosa cultura e ofrecer unha oferta cultural que lle permita aos nosos nenos e nenas desfrutar do teatro despois das duras medidas de prevención que levan soportando nos últimos meses.

    Dende o concello queremos incidir que, pese a mellora nos datos de afectados de Covid no noso termo municipal, conxuntamente co grupo teatral e o centro, tomaremos todas as medias de prevención establecidas polas autoridades como son a distancia de seguridade, o uso de máscaras e xel, a desinfección das cadeiras, etc...



    Adjuntos: