• 2021-04-08 11:06:53
    Cultura y ocio


    O Concello de Cerdido, un ano máis, convoca o XXI Concurso de Contos de Cerdido. Esta iniciativa trata de fomentar o gusto polo libro e a lectura entre os nenos e nenas de 3 a 12 anos. Poderase participar presentando as obras no concello antes do 23 de abril, Día Internacional do Libro. Como o ano anterior, este ano, debido aos protocolos de prevención do COVID e para evitar na medida do posible os desprazamentos, tamén se poden presentar as obras por correo postal, enviándoas ao concello ou ao correo electrónico cultura@cerdido.es. Tódolos nenos e nenas que participen no concurso terán un agasallo e os premiados, a maiores, recibirán un lote de libros. Esta convocatoria conta con catro categorías diferenciadas segundo a idade dos participantes e en cada categoría elixirase un relato gañador.



    Adjuntos: