• 2021-05-11 13:48:52
    Info General


    Unha veciña do concello púxose en contacto con nós para informarnos que están chamando por teléfono a persoas maiores e que viven soas para venderlles produtos contra o COVID como xel, etc que logo lles veñen traer ao domicilio.

    Consideramos que, unha vez máis, pode tratarse dun abuso para intentar aproveitarse das persoas máis vulnerables polo que vos agradecemos que se tedes veciños e veciñas maiores os informedes para que estean sobre aviso e non se deixen enganar.

    Lamentamos ter que pedir a vosa colaboración por sucesos desta índole e pola picaresca que algunhas persoas sen escrúpulos utilizan para sacar proveito dunha situación tan difícil como a que estamos a vivir pero agradecemos enormemente a vosa colaboración para que esta información chegue ao maior número de persoas.