• 2021-05-12 08:06:18
    Cultura y ocio


    O 13 de maio, o Concello de Cerdido celebrará o acto de entrega de premios do XXI Concurso de Contos de Cerdido convocado con motivo do Día Internacional do libro. O acto principal será un contacontos para os nenos e nenas de infantil e unha obra teatral para o alumnado de primaria do CEIP de A Barqueira.

    A empresa Duende Sico será a encargada de achegar ao alumnado a obra teatral “ A mestra da lingua” para homenaxear o día das Letras Galegas e contribuír á posta en valor da lingua galega, ao incremento do seu uso e prestixio e á socialización en galego da infancia.

    Esta actuación conta coa colaboración da Deputación da Coruña a través do programa Lingua a Escena da Rede Cultural 2021 como se pode consultar no perfil da Área de Cultura da Deputación da Coruña facebook.com/Culturadac



    Adjuntos: