• 2021-06-21 10:15:06
    Cultura y ocio


    Aínda estades a tempo de anotarvos para asistir a proxección que terá lugar este venres 25 de xuño no lugar de Campo da Igrexa, en Os Casás. A película “Nocturna, unha aventura máxica” é unha comedia para tódolos públicos ideal para desfrutar en familia. A seguinte proxección será o venres seguinte, o día 2 de xullo, no lugar de Vila da Igrexa e nesta ocasión o concello aposta por apoiar o cine galego cunha produción galega e rodada en diferentes localizacións de Vigo, Nigrán, A Guarda e O Rosal. "A praia dos afogados" é unha película baseada na novela do escritor galego Domingo Villar e coa que se pretende completar unha programación de actividades de verán e dar apoio a cultura galega coa dinamización de actividades que fomenten o uso da nosa lingua. Ambas proxeccións contan coa colaboración da Deputación da Coruña a través do programa Visións da Rede Cultural e dende o concello queremos animarvos a que participedes nesta iniciativa cultural que achega o cine ao aire libre a nosa veciñanza e visitantes.



    Adjuntos: