• 2021-07-20 14:34:13
    Cultura y ocio


    O vindeiro sábado 31 de xullo as 18:00 horas o Concello de Cerdido ten programada unha representación teatral do grupo Ghazafelhos. Unha actividade especialmente dirixida ao público infantil pero apta para tódolos públicos e perfecta para desfrutar dunha tarde en familia. O aforo é limitado polo que as persoas interesadas deberán reservar unha cadeira nas oficinas municipais ou no teléfono 981 41 10 00. Durante a realización da actividade cumprirase con tódalas medidas de seguridade fronte ao COVID-19, será obrigatorio o uso de mascarillas así como gardar a distancia de seguridade entre persoas que non convivan. A actuación conta coa colaboración da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural. A entrada é gratuíta! Non vos quededes sen unha localización e reservade xa a vosa cadeira!



    Adjuntos: