• 2021-08-10 12:48:50
    Cultura y ocio


    Continuando coa programación cultural deste verán 2021, o Concello de Cerdido, coa colaboración da Deputación da Coruña, ten previsto realizar un concerto musical este sábado 14 de agosto as 18:00 horas na Area Recreativa O Castro, en Cerdido. Do mesmo xeito que nas actividades anteriores, para poder asistir como público é preciso inscribirse nas oficinas municipais ou no teléfono 981 411 000.

    Xoán Curiel presenta este concerto, onde nenos/as e adultos poderán escoitar cancións de moitos estilos (tradicional, pop, bossa nova, reggae...). Cancións dos seus sete discos (tres deles infantís) que levou cos seus directos a países como Italia, Brasil ou Arxentina.

    Animámosvos a participar e vir pasar unha tarde chea de música para tódolos públicos, nun fantástico entorno, tendo como escenario a Area Recreativa O Castro.



    Adjuntos: