• 2021-08-16 13:30:03
    Cultura y ocio


    O venres 20 de agosto as 20:00 horas, A Asociación Terras do Ortegal, presentará os números 7 e 8 da revista “Terras do Ortegal”, correspondentes aos anos 2020 e 2021, na Area Recreativa O Castro. Ambos números conteñen diversos artigos de interese para a comarca, e algúns deles, incluídos na revista nº 7, de especial interese para Cerdido, grazas a colaboración de persoas moi coñecedoras do noso e de grande relevancia para o noso concello. Dende o Concello de Cerdido queremos animar a tódolos veciños e veciñas a participar nesta xornada de presentación das revistas, na que poderán aprender cousas novas sobre o noso concello e recordar outras sucedidas noutros tempos. Respectaranse en todo momento as medidas de prevención do COVID-19, polo que será obrigatorio acudir con mascarilla e respectar as distancias de seguridade. En caso de que as condicións meteorolóxicas o permitan realizarase no exterior e se o tempo nos obriga a facelo a cuberto haberá aforo limitado polo que podes reservar unha cadeira nas oficinas municipais ou chamando ao teléfono do concello 981 41 10 00.



    Adjuntos: