• 2021-08-25 09:38:02
    Cultura y ocio


    A programación cultural do Concello de Cerdido para este verán 2021 está chegando ao seu fin. Se queres participar, aínda estas a tempo de inscribirte na proxección da película “Dios mío, ¿pero que te hemos hecho ... ahora?”, unha comedia apta para tódolos públicos coa que poderedes desfrutar dunha xornada de cine ao aire libre en familia. Podes reservar unha cadeira nas oficinas municipais ou no teléfono 981 411 000. A proxección realizarase o vindeiro venres 3 de setembro as 22:00 horas na praza do centro de saúde, detrás do concello e cumprindo coas medidas de seguridade de prevención ante o COVID-19 será obrigatorio acudir con mascarilla así como gardar as distancias de seguridade entre persoas non convivintes.



    Adjuntos: