• 2021-10-15 12:52:31
    Cultura y ocio


    O Concello de Cerdido en colaboración con tódolos locais de hostalaría do termo municipal organizan o 1º concurso de pinchos de Cerdido que se celebrará os días 13 e 14 de novembro. Se queres participar só tes que acudir aos locais colaboradores e facer unha consumición, diferente de café, para que che poñan un petisco e poder valoralo na tarxeta que se che facilitará no propio establecemento. Para participar no concurso hai que valorar, como mínimo, os pinchos de 3 dos locais participantes no concurso e depositar a tarxeta cos teus datos e as túas valoracións nas urnas habilitadas ao efecto. Entre tódolos participantes sortearanse 3 vales para consumir nos locais colaboradores. Anótao na axenda e anímate a participar!



    Adjuntos: