• 2021-11-16 14:10:51
    Cultura y ocio


    O 20 de novembro é o día Universal do neno, un día adicado a tódolos nenos e nenas do mundo. O Concello de Cerdido non quere deixar pasar a oportunidade de celebralo con eles e por iso lles adica este día e quere que desfruten dunha xornada especial o vindeiro venres 19 no CEIP de A Barqueira.

    É un día de celebración polos avances logrados, pero sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos e nenas máis desfavorecidos, dar a coñecer os dereitos da infancia e concienciar as persoas da importancia de traballar cada día polo seu benestar.

    Este venres, a compañía La Guagua estará no centro a partir das 10:30 da mañá para facer dúas representacións, unha para infantil e outra para primaria, e adaptadas as idades dos rapaces. Unha actividade organizada polo Concello de Cerdido e que conta coa colaboración da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural e co centro educativo.

    Queremos desexarlles un gran día a tódolos nenos e nenas e que desfruten desta xornada adicada especialmente a todos eles.



    Adjuntos: