• 2021-11-23 10:41:49
    Cultura y ocio


    O vindeiro sábado 4 de decembro celebraremos na Area Recreativa o Castro o tradicional día dos nosos maiores coa obra de teatro “Socorro” interpretada polo grupo de teatro “A Pombiña”. Debido a limitación de aforos, as persoas que desexen asistir deberán inscribirse previamente no concello (Tél. 981411000). A representación teatral, que está dirixida a público adulto, comezará as 17:00 horas e ao rematar, a Asociación de Mulleres Rurais “Albar Quercus” repartirá chocolate con churros a tódolos asistentes. Esta actividade, organizada polo Concello de Cerdido, conta coa colaboración da Asociación de Mulleres Rurais Albar Quercus e a Deputación da Coruña, a través do programa Rede Cultural.



    Adjuntos: