• 2021-11-29 08:56:22
    Cultura y ocio


    Un ano máis, o Concello de Cerdido participará na “Campaña de neve 2022” organizada pola Deputación da Coruña. Poderán participar os rapaces e rapazas deste concello que teñan entre 12 e 15 anos inclusive, cumpridos a 31 de decembro de 2021. Este concello dispón de 3 prazas polo que se o número de solicitudes fose maior ao número de prazas realizaremos un sorteo público ante a secretaria do concello para adxudicar as prazas. Terán prioridade os nenos e nenas que nunca asistiran a campañas de inverno.

    A estancia e manutención será en aloxamentos situados a pé de pista, na estación Valgrande-Pajares, en Asturias. Os rapaces e rapazas de Cerdido participarán na 6ª quenda, que vai dende o 18/02/2022 ao 21/02/2022 e unha vez confirmada a súa asistencia deberán aboar a cantidade de 85,00 € como cota de participación. Na oferta está incluída a estancia, manutención e o transporte de ida e volta dende un punto da comarca.

    Se o desexa, pode recibir máis información nas oficinas do concello. O prazo de inscrición estará aberto dende o 30 de novembro ata o 14 de decembro de 2021.