• 2022-01-27 10:29:36
    Info General

    En relación coa presenza da "polilla guatemalteca", Cerdido continúa estando na zona tampón, polo que está permitido plantar patacas, pero como en anos anteriores será obrigatorio comunicar a Consellería de Medio Rural, inmediatamente despois de realizar a plantación, o tipo e cantidade de semente así como a parcela e a superficie plantada. Esta comunicación poderá realizala dende as

    oficinas municipais en horario de 8:00 a 14:00 horas, na oficina da extensión agraria de Cedeira ou en calquera horario na sede electrónica da Xunta de Galicia, cubrindo o modelo do procedemento MR465C





    Adjuntos: