• 2022-04-06 13:45:52
    Cultura y ocio


    Convocatoria do XX Concurso de Contos de Cerdido

    Co gallo da celebración do día do libro, o vindeiro día 23 de abril de 2020 e motivado na necesidade de fomentar a lectura entre tódolos veciños e recuperar as lendas e contos do concello, fomentando a creatividade e capacidade narrativa da xente, o Concello de Cerdido

    BASES:

    Primeira. Poderán optar ao premio todos aqueles nenos e nenas, calquera que sexa a súa nacionalidade, que presenten contos, lendas ou historias sobre o concello de Cerdido. Os contos ou historias terán que ser obras inéditas e non premiadas con anterioridade, escritas en castelán ou en galego.

    Segunda. Haberá unha modalidade de premio:

    A.- Categoría infantil. Poderán participar tódolos nenos e nenas de ata 14 anos e o premio consistirá nun lote de libros. Esta categoría poderá subdividirse segundo as idades dos/as participantes.

    Terceira. As obras serán de extensión libre ata un máximo de catro folios en tamaño DIN A4, a unha soa cara, numerados, grampados ou encadernados. As obras presentaranse baixo un título, acompañadas dun documento no que constará o título da obra, nome e apelidos do autor, domicilio, curso escolar no que está matriculado neste curso 2019/20 e número de teléfono.

    Cuarta. O prazo de recepción das obras rematará o día 20 de abril de 2020 e deberán remitirse ao Concello de Cerdido a través da sede electrónica do concello, do correo electrónico cultura@cerdido.es ou nun sobre pechado por correo postal ao enderezo: Felgosas, s/n, 15569, A Barqueira, Cerdido, indicando en calquera das modalidades “Concurso de contos do Concello de Cerdido 2020”.

    Quinta. O xurado estará presidido polo Sr. Alcalde do Concello e formaran parte del dúas persoas máis. Actuará como secretaria a da corporación ou a persoa en quen delegue. O xurado poderá declarar deserto o premio no caso de que os traballos presentados non sexan da categoría suficiente como para conceder un premio.







    Adjuntos: