• 2022-04-08 12:41:06
    Cultura y ocio


    O 15 de abril celebrase en España o Día do Neno e a Nena coa finalidade de homenaxear aos máis pequenos, promovendo os seus dereitos e impulsar o seu benestar. Pretendese sensibilizar a poboación acerca das necesidades de tódolos nenos como base fundamental da sociedade. Debido a actual pandemia polo COVID-19 elixiuse a data do 26 de abril para celebrar o día do neno e a nena. Esta data foi elixida para recordar a actitude dos nenos durante o confinamento, afrontando dun xeito responsable a transformación das súas rutinas. Elixiuse esta data en recordo da data emblemática na que os nenos saíron de novo as rúas, despois de moitos días de confinamento. O Concello de Cerdido desexa facerlles unha particular homenaxe, despois de varios meses coas actividades limitadas por mor da pandemia, queremos adicarlles unha xornada solo para eles con unha festa moi especial que se celebrará o sábado 16 de abril no pavillón polideportivo a partir das 16:30 horas. Haberá inchables, xogos, animación e lambetadas para tódolos rapaces que veñan desfrutar deste día de celebración.

    Unha vez máis, en apoio e solidariedade co pobo ucraíno tamén haberá un punto de recollida de comida e produtos de hixiene, que se repartirán aos fogares que teñen acollidas familias ucraínas no noso termo municipal.



    Adjuntos: