-
Curso gratuíto de elaboración de produtos lácteos2024-06-13 12:45:12Cursos e Formación
O Concello de Frades organiza un curso gratuíto de elaboración de produtos lácteos, que terá lugar a principios do mes de xullo no centro sociocomunitario de Ponte Carreira. Trátase dun curso de 16 horas de duración, impartido por persoal do Laboratorio Lácteo Galego en horario de 10:30 a 14:30 horas.Nel aprenderás conceptos básicos do leite e a elaboración de iogures, queixos, doce de leite, requeixo, kefir, nata... Máis información e inscricións no Concello ou no 981 695 567
Adjuntos: