-
Concurso de Disfraces do Concello de Frades2025-02-05 18:18:07FESTAS
O Concello de Frades abre o prazo para inscribirse no seu tradicional concurso de disfraces, que se celebrará o domingo 2 de marzo no pavillón municipal de Ponte Carreira, a partir das 17:00 horas. A participación está aberta a persoas de todas as idades e as inscricións poden realizarse ata o 28 de febreiro ás 13:00 horas no Concello, tanto de xeito presencial como telemático.
Repartiranse 1.205 euros en premios. As persoas participantes poderán recoller os seus dorsais no propio pavillón de Ponte Carreira o día do concurso a partir das 16:30 horas.
Ademais, ao longo da tarde, haberá unha gran festa de animación con xogos, inchables, mascotas, música, obradoiros para toda a familia, fotomatón e unha chocolatada con rosca.