• 2019-02-01 14:12:11
    Info General

    O Concello de Frades informa da reapertura ao tráfico da ponte sobre o río Maruzo, en Augasantas (Céltigos), unha vez rematadas as obras de construción dunha nova ponte que substitúe á anterior. Unhas obras executadas grazas a unha achega de máis de 82.000 euros da Consellería do Medio Rural, con cargo ao Plan de Infraestruturas Rurais 2017. Desculpas polas molestias causadas durante as obras, pero eran precisas para garantir a seguridade viaria de todas as persoas que transitedes por esta vía.




    Adjuntos: