• 2020-03-13 12:32:44
    Info General

    Seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias, o Concello de Frades suspende todas as actividades culturais, educativas, sociais e deportivas ata novo aviso. Así mesmo, decrétase o peche dos edificios e instalacións municipais: biblioteca, multiúsos, pavillóns polideportivos, campos de fútbol, parques infantís e biosaudables, así como todos os locais sociais municipais.
    Dende o Concello manteremos informada á veciñanza dende o Facebook e "Frades Informa". En caso de dúbida, podes chamar ao Concello (981 695 567) ou aos teléfonos 649 034 377 (Tito, alcalde) e 608 082 875 (Manuel, tenente de alcalde).




    Adjuntos: