-
Formación online: Coidado da Coidadora e Certificado de Manipulación de Alimentos2020-04-17 11:20:10Cursos e Formación
O Concello de Frades e a ONG Mestura ofrecen dous cursos gratuítos de formación en liña dirixidos a mulleres de Frades e incluídos no Programa Neneiras:
- "Coidado da coidadora", que dará comezo a próxima semana.
- "Certificado de manipulación de alimentos", que terá lugar nunha data próxima aínda por concretar.
Máis información e inscricións a través dos teléfonos: 981 661 840 e 604 002 519.
O Programa Neneiras é froito da colaboración entre o Concello de Frades e a ONG Mestura, co financiamento da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e da Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo.
Adjuntos: