• 2021-03-08 15:18:35
    Noticias

    O Concello de Frades súmase un ano máis á conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, coa campaña "Nós tamén pola iguladade", en colaboración co Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e co Ministerio da Igualdade. Unha campaña que inclúe "Pensando o 8 M", un vídeo no que oito veciños de Frades reflexionan sobre o que significa esta data, sobre as desigualdades de xénero presentes na nosa sociedade e sobre como superalas actuando todas as persoas unidas.
    Podes velo en: https://www.youtube.com/watch?v=5Y5hd5jmcag