-
Bando Parque eólico Gasalla2022-09-16 15:39:47Info General
O Concello de Frades informa de que está aberto o período de alegacións ao proxecto de parque eólico Gasalla, que afecta aos concellos de Frades e Mesía. A empresa promotora, Green Capital Power SL, pretende instalar 7 aeorxeradores, cunha potencia total de 24,255 MW, unha torre metereolóxicas e unha subestación eléctrica transformadora.
O prazo de alegacións/achegas/opinións estará aberto do 19 de setembro ata o 31 de outubro.
O equipo de Goberno do Concello de Frades maniféstase en contra deste proxecto e presentará as alegacións oportunas para evitar as consecuencias irreparables que traerá consigo. Máis información na web municipal: www.frades.gal.
Adjuntos: