• 2023-11-15 12:34:50
    Noticias

    A Deputación da Coruña pon en marcha a campaña neve para o 2023 na estación de Valgrande-Pajares destinada a rapaces/zas de 12 a 15 anos. O Concello de Irixoa ten adxudicadas 3 prazas. Os participantes desfrutarán de 4 días con aloxamento e manutención, nun albergue a pé de pista, contarán con cursos de esquí e actividades complementarias na estación. Cada participante abonará unha cota de inscrición de 85€. O prazo de inscricións esta aberto ata o 1 de decembro mais información no telf. 981 793 001

    Adjuntos: