• 2023-11-16 09:51:11
    Servizos


    Amplíase ata o 15 de decembro o prazo de solicitude das axudas enmarcadas no programa UNICO Bono Social para a cidadanía.

    Dirixido a...

    Persoas que reciben a Risga da Xunta de Galicia ou o IMV do Goberno de España ou cuxa renda anual (per capita) sexa inferior ao 125% do IPREM, en caso de non haber menores na unidade familiar ou 175% no caso de que si haxa menores.

    O bono poderase empregar para...

    Contratar ou mellorar a conexión á banda larga fixa cunha velocidade mínima de 30Mbps.

    (Nota: Non será válida a mellora de velocidade co operador xa contratado no caso de dispor previamente dunha velocidade igual ou superior a 30 Mbps).

    O desconto do bono consiste...

    Nunha minoración na mensualidade, ata 20 euros na factura emitida pola entidade colaboradora elixida durante un período de ata 12 meses cun máximo de 240 euros