-
Programa de Axuda ao alugamento de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia2024-01-22 11:17:19Info Xeral
O 11 de Xaneiro de 2024 publícanse as bases do Programa de Axudas ao alugamento da Comunidade Autónoma de Galicia. O fin desta axuda e facilitar o goce dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas as persoas arrendatarias.
Poderán ser beneficiarios deste programa as persoa físicas maiores de idade que cumplan con varios requitistos, entre eles ter nacionalidade española ou dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, ser titular dun contrato de alugamento de vivenda, ter residencia habitual na mesma e atoparse ao día de obrigas tributarias.
O prazo de solicitude será do 15 de xaneiro ate o 29 de febreiro de 2024 en en todo caso ate o agotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria.
Para máis información sobre o trámite consulte nas seguintes ligazóns ou póñase en contacto cos Servizos Sociais de Irixoa persoalmente ou ben no teléfono 981 793 001.
https://igvs.xunta.gal/areas/vivenda/aluguer/alugamento-2023
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240111/AnuncioC3Q2-191223-0003_gl.html