• 2024-01-24 13:05:49
    Info Xeral

    A Consellería de Política Social e Xuventude convoca unha liña de axudas para facilitar a obtención do permiso de condución das clases B, C e D a persoas mozas galegas en situación de desemprego.





    Importe das axudas:

    400 € para o carné B, 650 e para o Carné C e 1.300 € para o carné D

    Requisitos das persoas mozas no momento de presentar a solicitude:

    - Ter feitos os 18 anos , sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D, e non ter feitos os 31.

    - Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.

    Non estar traballando por conta propia nin allea.

    - Ter aprobado o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude.

    Prazo e forma de presentación:

    As solicitudes poden presentarse desde o día seguinte ao da publicación da orde no DOG ata o día 30 de setembro de 2024, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito dispoñible.

    As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos (Chave 365, DNI electrónico ou calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

    Documentación que debe presentarse coa solicitude:

    - Autorización temporal para conducir expedida pola Dirección Xeral de Tráfico, no caso de que a persoa solicitante teña aprobado o/s carné/s obxecto da solicitude pero o documento aínda non fose expedido.

    - O/s certificado/s de empadroamento histórico que acredite/n a antigüidade mínima esixida, no caso de que a última variación padroal sexa inferior a 1 ano.