• 2024-06-17 11:32:19
    Servizos

                         Programa de Benestar en balnearios 2024
     A Xunta convoca prazas  para para estadías e tratamento termal.

    Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:

    -Ser maior de 60 anos, ou de 55 e, neste caso,  reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.

    -Estar empadroada e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.

    -Valerse por si mesma para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa.

    -Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.

    -Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.

    -Acadar, de conformidade co baremo, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.

    As quendas teñen una duración de 10 días (nove noites) cada unha, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as 12:00 h. do día de chegada ata as 12:00 h. do día de saída.

    O desenvolvemento destas quendas terá lugar durante o período comprendido entre o 17 de xullo e o 18 de decembro do ano 2024.

    Prazo de presentación de solicitudes

    Un mes contado desde o día seguinte á publicación desta orde no DOG.

    Ata o 17 de xullo de 2024.

     

    Máis información : Departamento de Servizos Sociais do Concello de Irixoa.