• 2024-09-25 13:52:01
    Info Xeral

    Dende os Servizos Sociais do Concello de Irixoa queremos informar do risco dunha nova estafa. Estanse a enviar cartas co logo da Seguridade Social pedindo datos privados dos cidadáns. Ningunha entidade pedirá datos privados por estas vías.  Recordamos a importancia de non compartir os seus datos  con ninguén que non sexa da súa confianza. Actuemos con seguridade. Ante calqueira dúbida consulte no seu Concello.