-
Programa Xuntos no Nadal 20242024-11-04 10:44:37Servizos
PROGRAMA XUNTOS NO NADAL 2024
O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Irixoa informa que a Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria organiza este programa de promoción do envellecemento activo e convivencia, destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amigos, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.
- 130 prazas na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense), para as persoas solicitantes das provincias de A Coruña e Ourense.
*Persoas beneficiarias:
1. Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
2. Estar empadroado nalgún concello galego.
3. Vivir so no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal.
4. Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da estadía.
Recoméndase estar vacinado fronte a COVID-19 e a GRIPE segundo o calendario sanitario vixente.
Para a selección dos participantes daráselle preferencia ás persoas que:
- Perderan ao seu cónxuxe ou persoa coa que convivisen nos últimos anos.
- Teñan máis idade
- Non participaran no Programa Xuntos polo Nadal en pasadas edicións.
*Datas e servizos:
O programa levarase a cabo entre o día 24 de decembro de 2024 e o día 7 de xaneiro de 2025.
Comprende os seguintes servizos:
· Estancia na residencia durante 15 días (14 noites).
· Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa. Só se autorizará o aloxamento en habitacións individuais previo informe médico que acredite a súa necesidade.
· Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades que corresponda ata a residencia de tempo libre que se lle adxudique e viceversa.
· Actividades de animación sociocultural.
A recollida das persoas participantes efectuarase o día 24 de decembro pola mañá e a volta o día 7 de xaneiro despois do almorzo.
As solicitudes, acompañadas do informe social e da declaración responsable, formularase nos modelos establecidos ao efecto e estarán debidamente cubertas e asinadas pola persoa que corresponda.
O prazo de presentación estará aberto ata o día 25 de novembro de 2024 (incluído)
As persoas participantes asistirán de forma gratuíta ao programa.
Os gastos de desprazamento desde o domicilio dos adxudicatarios ata o lugar de saída que se indique e viceversa serán por conta da persoa participante.