-
Prevención de incendios: distancias de plantación2018-04-04 14:04:50Cultura e lecer
O importante valor que o monte desempeña vén sendo ameazado pola propagación de incendios forestais, afectando á súa riqueza ambiental e paisaxística e ás actividades agroforestais que nel se desenvolven, poñendo en risco tamén a integridade física das persoas.
É fundamental respectar as distancias das plantacións, manter o monte limpo e facernos responsables das nosas propiedades .
Achegase un díptico informatico que a Consellería do Medio Rural elaborou onde se representan as distancias mínimas de plantación das distintas especies arbóreas a estradas, labradíos, vivendas, etc.
Adjuntos: