-
Camiño Inglés a Santiago de Compostela (Ferrol-Santiago)2018-04-11 13:50:35Cultura e lecer
O día 22 de abril comezamos o Camiño inglés a Santiago de Compostela.
Un bus sairá de diante do Concello ás 9:00 horas, levaranos ao punto de partida en cada etapa, e recolleranos á tardiña no punto de chegada.
O concello repartirá comida e bebida entre os/as participantes.
Estas son as etapas:
22 de abril: Ferrol-Neda
29 de abril: Neda-Pontedeume
17 de maio: Pontedeume-Betanzos
20 de maio: Betanzos-Bruma
27 de maio: Bruma-Sigüeiro
17 de xuño: Sigüeiro-Santiago de Compostela.
Máis información e inscricións no teléfono 981 793 001