-
O Concello de Irixoa colabora na difusión do proxecto “Empoderamento da muller con cancro de mama”2018-05-18 14:56:26Info Xeral
O Servizo de Oncoloxía Médica do CHUAC, en colaboración coa Deputación da Coruña, ten como un dos seus obxectivos preferentes acercar ao paciente oncolóxico a filosofía da sanidade participativa e os seus beneficios.
O concello de Irixoa está integrado na área de acción do proxecto 'Empoderamento da muller con cancro de mama' do Servizo Galego de Saúde, que ten como obxectivos principais:
Desenvolver ferramentas que faciliten a autoxestión da saúde por parte das doentes diagnosticadas de cancro de mama.
Presentar ferramentas que faciliten unha saúde de calidade e prevención das secuelas da enfermidade e os seus tratamentos.
Participación da doente con cancro na política sanitaria, para unha abordaxe sustentable do tratamento do cancro garantindo a calidade asistencial.
Propoñer iniciativas conxuntas para mellorar o acceso da cidadanía ao sistema público de saúde.
O 24 de maio de 2018 terá lugar no Pazo de Mariñán a partir das 15:45 unha xornada de divulgación dirixida a aquelas mulleres diagnosticadas de cancro de mama, que se centrará nas patoloxías, nos hábitos de saúde e cambios de conduta, así como na ampliación do horizonte persoal.
A esta reunión están convidadas a acudir as mulleres diagnosticadas de cancro de mama longo sobreviventes e as asociación e membros das asociación de doentes, nos que varios especialistas abordarán entre outros aspectos, os psicolóxicos, a sexualidade, a fertilidade e o embarazo, o impacto social, a fisioterapia e coidados de pel.
Adjuntos: