-
LUMEIRADAS DE SAN XOAN E SAN PEDRO2018-06-13 13:43:17Info Xeral
O prazo para a presentación da declaración responsable de realización das fogueiras tradicionais está aberto, no caso das de San Xoán ata o 21 de xuño e ata o 27 de xuño para as de San Pedro.
As persoas interesadas deberán de cumplimentar e asinar unha declaración responsable no modelo facilitado polo concello, xunto cunha copia do DNI e un plano catastral no que se marcará a situación exacta da fogueira.
A presentación de solicitudes poderá realizarse nos Rexistros xeral ou electrónico do Concello de Irixoa. O horario público do Rexistro xeral do Concello de Irixoa é de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres; o rexistro electrónico funciona permanentemente na sede electrónica do concello (https://sede.irixoa.es/gl/).
Adjuntos: