• 2018-06-23 15:23:43
    Info Xeral

    Infórmase ás persoas que presentaron no Concello a declaración responsable para realizar a lumeirada de San Xoan, que o índice de risco de incendio forestal (IRDI) publicado na web da Consellería de Medio Rural actualizado a 22 de xuño é de ALTO
    Isto significa que, salvo indicación en contrario do Concello ou do Servizo Provincial de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, NON HAI IMPEDIMENTO para que se poida realizar a lumeirada sempre que se garden as medidas preventivas indicadas no reverso da propia declaración e o índice de risco non varíe a EXTREMO.
    Esta é a dirección na que se pode consultar o IRDI actualizado:
    http://mediorural.xunta.gal/nc/areas/forestal/incendios_forestais/irdi/
    Esta información tamén se publica na páxina web do concello
    www.irixoa.es






    Adjuntos: