-
Qué debe facer quen xa tiña O Bono Social?2018-09-21 14:06:56Info Xeral
Se tiñas o vello Bono Social TÉS QUE SOLICITALO DE NOVO, xa que desde outubro de 2017 cambiaron os requisitos. No caso de que o solicites e esta solicitude sexa aprobada, aplicaranse os criterios e descontos establecidos na normativa do novo Bono Social (eléctrico).
Tes ata o 8 de outubro de 2018 para demostrar que cumpres cos novos requisitos. Mentras non demostres que cumpres estes novos requisitos, seguirás percibindo o Bono Social como ata agora.
A partires do 8 de outubro de 2018, se non acreditaches que cumpres os novos requisitos aplicaráseche automáticamente a tarifa PVPC sin descontos.