-
Coñece Irixoa. Rutas de sendeirismo2019-06-06 10:42:13Cultura e lecer
Está previsto realizar dúas rutas para coñecer o Concello de Irixoa e algo do seu patrimonio arqueolóxico.
O día 30 de xuño ás 10:00 mañá sairemos do Local Social de A Graña (Ambroa), e faremos unha ruta circular de 4 horas de duración aproximadamente.
Despois da ruta comeremos todos/as xuntos/as na area de recreo que hai ao lado do local.
Cada participante ten que levar a súa comida.
O día 21 de xullo partiremos do Monte de San Antón, ás 10:00 horas, e tamén faremos unha ruta circular, comendo ao final todos/as xuntos/as, e cada un levará a súa comida.
O prazo de inscrición estará aberto ata 1 semana antes de cada ruta.
Máis información no teléfono 981 793 001.
Adjuntos: